martes, 20 de decembro de 2022

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

                                 

Praia América

 

O pasado dous de decembro 5º e 6º fixemos unha saída a Praia América polo Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

 

Ao chegar vimos a moitos nenos e nenas doutros colexios e sentámonos nun banco a comer a  merenda. Despois estivemos xogando todos xuntos á veira do mar, case nos mollamos! Bueno, case non, algúns saíron mollados... pero aínda así, seguimos xogando.

 

Tras xogar un bo rato, chamáronnos para ir tomar un chocolate quentiño aínda que facía bastante calor. Ao cabo dun rato, cando rematamos o chocolate, fomos xogar de novo na area, aínda que só un ratiño porque tivemos que ir facer voar as nosas cometas que preparáramos nós no colexio uns días antes. Ningunha das nosas voou pero algunhas doutros coles si aínda que só un pouquiño.

 

Cando rematamos, estivemos bailando coa música que facía soar o DJ. Despois viu o bus e marchamos para o cole.

 

Foi un día xenial!

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

OS BOLOS CELTA E A PETANCA

  OS BOLOS CELTA E A PETANCA O pasado xoves 2 de febreiro do 2023 viron 3 persoas a explicarnos como se xoga aos bolos celta e a petanca. A ...