BIBliOTECA

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2022



O Nadal é un tempo para descansar, para xogar, compartir ca familia, para a ledicia. Tamén é un bo
momento para ler, imaxinar e gozar.
Como cada ano a Biblioteca e a Galiña Azul quere compartir unhas recomendacións lectoras, nesta ocasión do noso padriño Anxo Fariña.




O 3 de Decembro é o día da Discapacidade, persoas con diferentes capacidades pero moi capaces, que son especiais e precisan oportunidades para demostrar o moito que valen e todo o que nos poden ensinar.  Axudemos a que está sociedade sexa máis igualitaria e inclusiva.



O 25 de Novembro é o dia da eliminación da Violencia de Xénero. É este día en recordo das irmáns Mirabal (Patria, Minerva e María Teresa), tres mozas asasinadas. Unha data para denunciar a violencia que se exerce contra a muller en todo o mundo. Os libros nos axudan a facer visible esta brutal realidade.
"Non da igual"


No mes de NOVEMBRO celebramos o mes das ciencias nas Bibliotecas escolares, o manifesto deste ano 2022 co que dar visibilidade a esta conmemoración está escrito por José Manuel Castro Tubío, profesor, investigador e divulgador principal na USC, con investigaciones relacionadas co cancro.
"O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica"


 

 Chegado o tempo de outono, O MAGOSTO e o SAMAÍN, a biblioteca acolle seleccións e recomendacións lectoras que facilitan e promoven o uso da palabra, a escritura e a linguaxe para facer fronte aos medos.

 

O 24 de outubro celébrase DÍA DAS BIBLIOTECAS, no que se trata de dar visibilidade ao papel das bibliotecas de diferente tipo, e que este curso, a edición deste ano co cartel da galega Xulia Vicente, preséntase co lema "BiblioTEcuida".

Desde a nosa biblioteca quixemos celebralo porque tamén é o aniversario da nosa mascota a Galiña Azul. Compartimos unha xornada emocionante de reencontros dos padriños e madriñas cos seus afillados e afilladas. Xuntos e xuntas ilustramos varios debuxos cunha escolma de palabras dos libros do Padriño de 5º de Infantil, Anxo Fariña.

Recomendacións lectoras de “libros que falan de libros”
. 

 

 

24 de Outubro do 2022


  ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema  que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade propón ás Bibliotecas Escolares Galegas para este curso 2022/23, quere poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar. A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.

Escribir para ser (lido), para que o lector e a lectora dea vida ao libro, ao escrito.

 

FONTE: BIBLIOTECAS ESCOLARES

    


Ningún comentario:

Publicar un comentario

OS BOLOS CELTA E A PETANCA

  OS BOLOS CELTA E A PETANCA O pasado xoves 2 de febreiro do 2023 viron 3 persoas a explicarnos como se xoga aos bolos celta e a petanca. A ...