venres, 28 de outubro de 2022

Samaín 2022

 O Venres 28 de outubro delebramos por todo o alto o Samaín  e o Magosto no CEIP Carlos Casares.

A festa do Samaín, festa laica que representa a fin do verán, das colleitas e o inicio do verán, era a festa máis importante dos 1 celtas e marcaba os inicios do ano novo celta representaba a festa dos mortos. Esta era a data máis perigosa do seu calendario posto que o mundo dos mortos, o Outromundo, facíase accesible para os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun feitizo ou meigallo. Cando chegaban as celebracións do Samaín (o chegaren as longas noites escuras) tense por certo que os celtas colocaban unha velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruces de camiños, nos arredores e nas muradas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os perigos da celebración.

Foi unha xornada ben fermosa onde puidemos ver as lucidas cabazas decoradas polo alumnado e as súas familias, escoitar boa música da man de Luis "Caruncho" e Fran Martínez e , por suposto, comer deliciosas castañas. Que festazas son o Samaín e o Magosto!!!



 

mércores, 26 de outubro de 2022

Noraboa Marilar!! Parabéns Madriña!!

A madriña das aulas de 5º do CEIP Carlos Casares, Marilar Aleixandre, ven de alzarse co Premio Nacional de Narrativia 2022 coa súa obra "As malas mulleres" (Galaxia 2021). O xurado enxalzou a súa obra polo admirable dominio do diálogo e da linguaxe e pola súa orixinal estrutura híbrida que fai singular esta obra que fala da situacón carcelaria das mulleres no século XIX.
O CEIP CARLOS CASARES DE NIGRÁN envíache os seus parabéns e o orgullo de que sexas a madriña dunha aula do centro!!


venres, 21 de outubro de 2022

TEMOS UNHA PISCINA NO CEIP CARLOS CASARES

 O xoves 20 de outubro sobre as 13 horas inundouse o apcarcamento do colexio pola choiva fortísima da tormenta Armand. Durou pouco tempo pero foi moi intensa e chegou a acumularse tanta auga que cubríu a metade das rodas dos coches que estaban aparcados.

Algunha mestra tivo que descalzarse para entrar no seu coche e outra persoa quedou atrapada no interior xa que non puido abrir a porta do seu coche.

Despois de desatascar o desagüe a nosa "piscina" baleirouse e tod@s puidemos sair con tranquilidade polo aparcamento.

venres, 7 de outubro de 2022

Sendeiros de Nigrán 2022.

Ao longo desta semana o alumnado de primaria e infantil realizou unha ruta de sendeirismo no marco do proxecto de centro "Sendeiros de Nigrán". Con este proxecto preténdese que o alumnado ao longo da súa escolaridade coñeza e valore, cada un dos sendeiros sinalizados no concello de Nigrán, a súa localización xeográfica, a importancia da conservación do patrimonio artístico, cultural e natural, o sistema internacional de sinalización de sendeiros e as actitudes necesarias para ser un/unha bo/a camiñante así como a necesidade de adquirir hábitos de vida saudable.

Dende o Ceip Carlos Casares animámosvos a que fagades algunha destas rutas e compartades a experiencia coas vosas fillas e fillos. Seguro que farán de guías fabulosamente!!




OS BOLOS CELTA E A PETANCA

  OS BOLOS CELTA E A PETANCA O pasado xoves 2 de febreiro do 2023 viron 3 persoas a explicarnos como se xoga aos bolos celta e a petanca. A ...