3º CICLO (22/23)

    21 de Outubro de 2022: O primeiro día na horta do Carlos Casares.


O luns día 17 de outubro na terceira hora de clase o alumnado de 5º A baixamos cos nosos mestres Pablo e Ricardo a horta do noso cole. Compartimos actividade con 5º B, alí estaban Diana e Raquel as coidadoras e mestras especialistas da nosa horta. Explicáronnos como debíamos proceder para sacar as plantas vellas e plantar as novas.
O primeiro foi arrincar a vexetación vella e os seus froitos. Despois sachamos a parcela para aireala e poder reencher con máis terra.
As plantas que puxemos foron: allo porro e grelos.
Ao acabar esta tarefa desprazámos a unha parcela de nova creación na que imos ter herbas aromáticas. Nós plantamos tomiño.
Foi unha experiencia divertida e agardamos que a nosa horta se mostre esplendorosa nunhas semanas cos nosos coidados e agarimos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

OS BOLOS CELTA E A PETANCA

  OS BOLOS CELTA E A PETANCA O pasado xoves 2 de febreiro do 2023 viron 3 persoas a explicarnos como se xoga aos bolos celta e a petanca. A ...