xoves, 9 de febreiro de 2023

OS BOLOS CELTA E A PETANCA

 OS BOLOS CELTA E A PETANCA

O pasado xoves 2 de febreiro do 2023 viron 3 persoas a explicarnos como se xoga aos bolos celta e a petanca.

A 5º, tocounos aproximadamente ás 12:15h. Xogamos na antiga zona seis do patio e para iso, dividímonos en 5ºA e 5ºB. Nós, 5º B, xogamos de primeiros aos bolos que consiste en tirar tódolos bolos para gañar seguindo entón, as instrucións dunha das chicas. Primeiro puxémonos dun lado e despois do outro para tirar desde distinto puntos. Había algúns compañeiros e compañeiras que tiraban tan forte que en vez de darlle aos bolos dábanlle a pedra.

Despois de varias xogadas, tocounos probar coa petanca e a 5ºA aos bolos. A petanca, tal e como nos explicou o señor, consiste en que, en dous grupos de 6 nenos e nenas, xoguen tres contra tres e tiren, por quendas, bolas e a bola que máis se acerca á bola pequena gaña.

Encantounos a experiencia de aprender a xogar aos bolos e a petanca.

Pasámolo xenial!






sábado, 28 de xaneiro de 2023

O noso día a día…

 

Cada mañá, cando os vosos fillos e fillas chegan a escola, viven momentos cheos de vivencias que axudan a que medren e sintan a escola como parte da súa vida que empeza a debuxarse. Os momentos en educación infantil son momentos significativos cargados de emocións mediante o xogo, a experimentación o contacto cos iguais e todas as experiencias que cada día aparecen no pequeno universo da escola.

Con este vídeo, e en sete minutos, tratamos de resumir este primeiro trimestre que foi novidoso, a maioría do noso alumnado de infantil non coñecía o patio sen restriccións, sen máscara e sobre todo co contacto dos demáis nenos e nenas que forman o Carlos Casares.

Agardamos que vos guste e que descubrades por esta xaneliña unha parte do noso día a día en Educación infantil.


xoves, 26 de xaneiro de 2023

Celebración de Nadal e obradoiro con Anxo Fariña


En decembro viu o Carlos Casares o noso padriño Anxo Fariña facer un obradoiro de debuxo con nós. Aprendemos a facer o "truco do co" e do "DIO" e pintamos cunha pinturas que brillaban na escuridade.  Gustounos moitísimo a experiencia. Grazas Anxo!

O 22 de decembro celebramos no CEIP Carlos Casares a festa do Nadal na que festexamos o fin do primeiro trimestre e desfrutamos da visita de Papá Noël.

Ao chegar o cole quedamos nas aulas xogando e de súpeto... Sorpresa! Apareceron uns agasallos na porta. Eran unhas cuncas con forma de peixe, un xogo de mesa para a clase e unhas sementes de camelia que plan
taremos xuntos no escola proximamente. 

Despois baixamos o patio para ver a  Papá Noël que chegou nunha motocicleta con sidecar. Era chulísima! 








OS BOLOS CELTA E A PETANCA

  OS BOLOS CELTA E A PETANCA O pasado xoves 2 de febreiro do 2023 viron 3 persoas a explicarnos como se xoga aos bolos celta e a petanca. A ...