martes, 20 de decembro de 2022

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

                                 

Praia América

 

O pasado dous de decembro 5º e 6º fixemos unha saída a Praia América polo Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

 

Ao chegar vimos a moitos nenos e nenas doutros colexios e sentámonos nun banco a comer a  merenda. Despois estivemos xogando todos xuntos á veira do mar, case nos mollamos! Bueno, case non, algúns saíron mollados... pero aínda así, seguimos xogando.

 

Tras xogar un bo rato, chamáronnos para ir tomar un chocolate quentiño aínda que facía bastante calor. Ao cabo dun rato, cando rematamos o chocolate, fomos xogar de novo na area, aínda que só un ratiño porque tivemos que ir facer voar as nosas cometas que preparáramos nós no colexio uns días antes. Ningunha das nosas voou pero algunhas doutros coles si aínda que só un pouquiño.

 

Cando rematamos, estivemos bailando coa música que facía soar o DJ. Despois viu o bus e marchamos para o cole.

 

Foi un día xenial!

 


xoves, 1 de decembro de 2022

EXCURSIÓN Á CORUÑA

 

O día 15 de novembro 5º e 6º tivemos unha excursión á Coruña. Primeiro chegamos á Casa das Ciencias onde estaba o planetario e nos sentamos nuns asentos. O teito era unha semiesfera onde proxectaron un vídeo dun vampiro que bebía salsa de tomate ao terminar xogamos a algúns xogos.

Logo marchamos ao Domus e alí almorzamos. Había diferentes xogos en forma de experimentos como o de manter a mente en branco.

Por último, dirixímonos ao acuario ao que tivemos que ir camiñando pola chuvia. Dentro dunha pecera había moitos peces e unha quella touro que se chamaba Gastón. Logo miramos as focas, que vimos como lle daban de comer. Nos recolleu o autobús e voltamos a casa.

Deixamos aquí unhas fotos que poden resumir esta viaxe.






OS BOLOS CELTA E A PETANCA

  OS BOLOS CELTA E A PETANCA O pasado xoves 2 de febreiro do 2023 viron 3 persoas a explicarnos como se xoga aos bolos celta e a petanca. A ...