OS BOLOS CELTA E A PETANCA
O pasado xoves 2 de febreiro do 2023 viron 3 persoas a explicarnos como se xoga aos bolos celta e a petanca.
A 5º, tocounos aproximadamente ás 12:15h. Xogamos na antiga zona seis do patio e para iso, dividímonos en 5ºA e 5ºB. Nós, 5º B, xogamos de primeiros aos bolos que consiste en tirar tódolos bolos para gañar seguindo entón, as instrucións dunha das chicas. Primeiro puxémonos dun lado e despois do outro para tirar desde distinto puntos. Había algúns compañeiros e compañeiras que tiraban tan forte que en vez de darlle aos bolos dábanlle a pedra.
Despois de varias xogadas, tocounos probar coa petanca e a 5ºA aos bolos. A petanca, tal e como nos explicou o señor, consiste en que, en dous grupos de 6 nenos e nenas, xoguen tres contra tres e tiren, por quendas, bolas e a bola que máis se acerca á bola pequena gaña.
Encantounos a experiencia de aprender a xogar aos bolos e a petanca.
Pasámolo xenial!