O día 15 de novembro 5º e 6º
tivemos unha excursión á Coruña. Primeiro chegamos á Casa das
Ciencias onde estaba o planetario e nos sentamos nuns asentos. O
teito era unha semiesfera onde proxectaron un vídeo dun vampiro que
bebía salsa de tomate ao terminar xogamos a algúns xogos.
Logo marchamos ao Domus e alí almorzamos. Había diferentes xogos en forma de experimentos como o de manter a mente en branco.
Por último, dirixímonos ao acuario ao que tivemos que ir camiñando pola chuvia. Dentro dunha pecera había moitos peces e unha quella touro que se chamaba Gastón. Logo miramos as focas, que vimos como lle daban de comer. Nos recolleu o autobús e voltamos a casa.
Deixamos aquí unhas fotos que poden resumir esta viaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario