Cada mañá, cando os vosos fillos e fillas chegan a escola,
viven momentos cheos de vivencias que axudan a que medren e sintan a escola
como parte da súa vida que empeza a debuxarse. Os momentos en educación
infantil son momentos significativos cargados de emocións mediante o xogo, a
experimentación o contacto cos iguais e todas as experiencias que cada día
aparecen no pequeno universo da escola.
Con este vídeo, e en sete minutos, tratamos de resumir este
primeiro trimestre que foi novidoso, a maioría do noso alumnado de infantil non
coñecía o patio sen restriccións, sen máscara e sobre todo co contacto dos
demáis nenos e nenas que forman o Carlos Casares.
Agardamos que vos guste e que descubrades por esta xaneliña unha parte do noso día a día en Educación infantil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario