A festa do Samaín, festa laica que representa a fin do verán, das
colleitas e o inicio do verán, era a festa máis importante dos
1
celtas e marcaba os inicios do ano novo celta representaba a
festa dos mortos. Esta era a data máis perigosa do seu
calendario posto que o mundo dos mortos, o Outromundo, facíase
accesible para os mortais, podendo pasar a formar parte del por
culpa dun feitizo ou meigallo. Cando chegaban as celebracións do
Samaín (o chegaren as longas noites escuras) tense por certo
que os celtas colocaban unha velas rudimentarias no interior das
caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruces de camiños,
nos arredores e nas muradas dos seus castros, co obxecto de
arrepiaren os inimigos, para asombro e veneración das súas
xentes e para esconxurar os perigos da celebración.
Foi unha xornada ben fermosa onde puidemos ver as lucidas cabazas decoradas polo alumnado e as súas familias, escoitar boa música da man de Luis "Caruncho" e Fran Martínez e , por suposto, comer deliciosas castañas. Que festazas son o Samaín e o Magosto!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario