mércores, 26 de outubro de 2022

Noraboa Marilar!! Parabéns Madriña!!

A madriña das aulas de 5º do CEIP Carlos Casares, Marilar Aleixandre, ven de alzarse co Premio Nacional de Narrativia 2022 coa súa obra "As malas mulleres" (Galaxia 2021). O xurado enxalzou a súa obra polo admirable dominio do diálogo e da linguaxe e pola súa orixinal estrutura híbrida que fai singular esta obra que fala da situacón carcelaria das mulleres no século XIX.
O CEIP CARLOS CASARES DE NIGRÁN envíache os seus parabéns e o orgullo de que sexas a madriña dunha aula do centro!!


venres, 21 de outubro de 2022

TEMOS UNHA PISCINA NO CEIP CARLOS CASARES

 O xoves 20 de outubro sobre as 13 horas inundouse o apcarcamento do colexio pola choiva fortísima da tormenta Armand. Durou pouco tempo pero foi moi intensa e chegou a acumularse tanta auga que cubríu a metade das rodas dos coches que estaban aparcados.

Algunha mestra tivo que descalzarse para entrar no seu coche e outra persoa quedou atrapada no interior xa que non puido abrir a porta do seu coche.

Despois de desatascar o desagüe a nosa "piscina" baleirouse e tod@s puidemos sair con tranquilidade polo aparcamento.

venres, 7 de outubro de 2022

Sendeiros de Nigrán 2022.

Ao longo desta semana o alumnado de primaria e infantil realizou unha ruta de sendeirismo no marco do proxecto de centro "Sendeiros de Nigrán". Con este proxecto preténdese que o alumnado ao longo da súa escolaridade coñeza e valore, cada un dos sendeiros sinalizados no concello de Nigrán, a súa localización xeográfica, a importancia da conservación do patrimonio artístico, cultural e natural, o sistema internacional de sinalización de sendeiros e as actitudes necesarias para ser un/unha bo/a camiñante así como a necesidade de adquirir hábitos de vida saudable.

Dende o Ceip Carlos Casares animámosvos a que fagades algunha destas rutas e compartades a experiencia coas vosas fillas e fillos. Seguro que farán de guías fabulosamente!!




OS BOLOS CELTA E A PETANCA

  OS BOLOS CELTA E A PETANCA O pasado xoves 2 de febreiro do 2023 viron 3 persoas a explicarnos como se xoga aos bolos celta e a petanca. A ...